
O
Madrid consegue, un ano máis vencer no
Vicente Calderón. A victoria foi encarrilada moi cedo, cun penalti supostamente cometido por
Antonio López sobre
Raúl. O árbitro non lle tremou o pulso á hora de decreta-la pena máxima. A repetición ofrece moitas dúbidas. Ademáis,
Antonio López foi expulsado polas protestas, con tarxeta vermella directa, polo que perderá os dous próximos encontros de Liga. O penalti foi transformado por
Ronaldo, o ariete brasileiro vai perseguindo a Eto´o na lista de máximos goleadores...
O fútbol foi moi pouco vistoso por parte dos merengues, e moi voluntarioso por parte dos vermellibrancos, que gozaron de diversas oportunidades para bater a
Casillas, unha vez máis, o heroe do seu equipo. Na segunda parte o
Madrid realizou os seus trocos, entre eles
Guti, quen lle deu máis elegancia ó xogo dos de
Luxemburgo. Un pase en profundidade a
Ronaldo de Guti, e unha definición excepcional do brasileiro, decantaron o choque a favor dos brancos... Nos últimos intres de partido, e xa sen nada que facer, o
Madrid consegue o terceiro, logo dun erro de
Perea no rexeite, que fa que entre o baón na portería de Leo Franco...
O Madrid colócase líder á espera do que fagan ó resto o domingo...